.

En cumpremento coa Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información recordámosvos que ao navegar por este sitio aceptas o uso de cookies.

venres, 19 de xuño de 2020

MUSEO: DENDE A PIZARRA A TABLET

Con este video móstrovos esta exposición de distintos soportes e utensilios relativos á lectoescritura, como: pizarra e pizarro. pluma, tinta e libreta, lapis e bolígrafo ata máquinas de escribir, ordenador, tablet. 
Pero...o MANUSCRITO  segue ahí.


                                                                               





Manuscritos con mensaxe, con sentimento...

Ola a tod@s, toca despedirse ata setembro, un terceiro trimestre e unha despedida única, froito dunha experiencia única, que soubesteis constrúir sen dificultade coa axuda incondicional das vosas familias (grazas). 
Agora toca coller unhas vacacións ben merecidas polo esforzo e capacidade de adaptación que soubesteis xestionar, toca descansar, desconectar...para, en setembro comezar con máis forza se cabe.
E ás nosas nenas e neno de 6º de infantil, decirlles que a aula de Infantil será sempre a súa aula, que nos visiten sempre que lles sexa posible, sempre serán benvidos, e que lles vaia todo moi ben en Primaria.
Un bico para cada un e cada unha. Vémonos pronto.






luns, 8 de xuño de 2020

ALGUNHAS FOTOS , CLASE NON PRESENCIAL, (Covid-19)

Esta tempada chegounos tanta información inédita, dificil de asimilar, que nos vimos na obriga de reestructurar os nosos esquemas mentais para seguer adiante. 
Foi tanto o voso esforzo que esa información, ese novo xeito de vida o aproveitasteis para seguer avanzando. Conseguisteis reequilibrar toda esa información e convertela mediante novas estructuras mentais, en novas capacidades e competencias que son a base fundamental para futuras aprendizaxes. Ollemos algunha testemuña:






















Moito esforzo, enviasteis videos, audios. Non vou poñer todo, pero grazas ao grupo de whatsapp podemos disfrutar de todo o ben feito. 























venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente  co obxecto de concienciarnos da importancia de protexer o noso PLANETA TERRA, e unha das maneiras é a RECICLAXE, evitando así o seu deterioro e a progresiva destrucción.
Envíovos polo whatsapp o video: El reciclaje para niños. 
  • Reciclar é reutilizar materiais que xa foron usados e convertelos en novos obxectos
  • Para conmemorar este evento anual:
          Faceis un xoguete ou outro obxecto con material reciclado, e cando voltemos á clase faremos unha exposición con todos eles. De momento disfrutai reciclando, facei foto e enviai. Pasai un día divertido. Ata logo.

                                                














ARTISTASSS !!












 



mércores, 3 de xuño de 2020

MUSEO: O ZAPATEIRO


Ola, dende o seu obradoiro o Sr. Manuel, o zapateiro, quérevos mostrar distintos tipos e tamaños de zapatos e tamén como os ten ordenados. Creo que pide que fagais algo. Imos velo.














Vaia expositores e como relacionais os tamaños e numerais os estantes. Vou mostrarlle o voso traballo ao Sr. Manuel, poñerase moi ledo.