Ola, estamos pasándoo moi ben?
Recordais aquela rutina de cando chegábamos a clase, pola mañá e...pasábamos lista, sumábamos (os nenos e nenas que estaban na clase máis os que se quedaran na casa. Nomeábamos os 7 días da semana. As 4 estacións. Os 12 meses do ano. Contábamos dende o número 1 ao 10 e despois dende o 10 ao 1..
Pois para non esquecer aquilo imos repetilo (con axuda) unhas cantas veces, ao longo de varios días ata memorizalos.
.
- Días da semana: luns, martes, mércores..., (en galego e en castelán)
- As 4 estacións: Primavera, verán , outono...(en galego e castelán).
- Os meses do ano: Xaneiro, Febreiro... (en galego e castelán)
- Números: (do 1 ao 10 e logo do 10 ata o 1)en galego e en castelán)
Como tarefa para logo quitar foto e enviar ao whatsapp de grupo:
- Os de 6° escribir o nome dos 12 amig@s da nosa clase.
- Os de 5° o seu nome e o dalgún familiar (irmáns, av@s, tíos..)
- Os de 4° o seu nome, o de mamá e de papá.
PARA A FAMILIA: Ben sabemos que a autonomía é un instrumento imprescindible, que todos debemos potenciar para favorecer a evolución das nenas e nenos.
> Que se vistan e desvistan sós
> Ir eliminando a dependencia do adulto no momento de ir ao baño, lavarse as mans, cepillarse os dentes etc.
>Que manteñan os modais na mesa e que coman autónomamente.
. Que colaboren en traballos da casa (recollida de xoguetes e do deu cuarto, que axuden a poñer a mesa, a cociñar...)
>..... Nada lles ven dado, esto tamén teñen que aprendelo. Graciñas polo esforzo que estais a facer , colaborando en tódalas actividades.
Animo e a comezar a semana con forza!!! Pasaino ben.
Orgullosa estou de vosoutros, polos videos e audios que me enviais polo whatsapp vexo o esforzo que estais a facer. Nunca máis imos esquecer os días da semana, estacións...,números...