Con este video móstrovos esta exposición de distintos soportes e utensilios relativos á lectoescritura, como: pizarra e pizarro. pluma, tinta e libreta, lapis e bolígrafo ata máquinas de escribir, ordenador, tablet.
Pero...o MANUSCRITO segue ahí.
Manuscritos con mensaxe, con sentimento...
Ola a tod@s, toca despedirse ata setembro, un terceiro trimestre e unha despedida única, froito dunha experiencia única, que soubesteis constrúir sen dificultade coa axuda incondicional das vosas familias (grazas).
Agora toca coller unhas vacacións ben merecidas polo esforzo e capacidade de adaptación que soubesteis xestionar, toca descansar, desconectar...para, en setembro comezar con máis forza se cabe.
E ás nosas nenas e neno de 6º de infantil, decirlles que a aula de Infantil será sempre a súa aula, que nos visiten sempre que lles sexa posible, sempre serán benvidos, e que lles vaia todo moi ben en Primaria.
Un bico para cada un e cada unha. Vémonos pronto.


















































